VOLVERVOLTAR

Número 8:   
LUME NOVO - Números 1, 2, 3 e 4
   

Co auspicio da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia, reeditamos os orixinais de Lume Novo. Deste folleto, realizado en forma de díptico saíron vinteseis números, que eran espallados en todas as institucións e a persoalidades galegas de Bs. As.

Lume Novo tiña como obxectivo rescatar o pensamento de galeguistas ilustres e evitar que caesen na escuridade do esquecemento.

Este proxecto foi realizado por tres galeguistas que preferían manter o anonimato porque pensaban que para loitar por Galicia non facía falta nomes, abondaba coas ideas, o compromiso e a convicción.

Os responsábeis de Lume Novo foron Manuel Cordeiro Monteagudo, que asinaba co pseudónimo de O Carrizo -alcume que lle puxera Suarez Picallo-; Victoria Besada, que asinaba como Carmen Fontaíña Alonso (nome da sua bisavoa) e o seu irmán Alberto Besado, O Táboas (alcume do seu bisavó).

Eles mesmos financiaron o proxecto, ademáis de editar tarxetas con frases de Vicente Risco, Concepción Arenal e un volante que dicía “Fale Galego”, que era repartido mesa por mesa en todos os banquetes.

¿De qué morte morréu a nosa prenda?
Atravesoume o peito
un dór punxente e esguío de saieta
e díxelle a verdade crú, tinguindo
c'unha pinga de sangue cada verba:
¡Morréu do mal dos bós e xenerosos!
¡Morréu de amor a Terra!

Ramón Cabanillas



Para se comunicar cos editores de Lume Novo, enviar un mail a cucacordeiro@yahoo.com.ar

 

 

 VOLVERVOLTAR  
Copyright 2007 Fundación Xeito Novo - Prohibida la reproducción parcial o total del material expuesto, sin consentimiento de la fundación. Todos los derechos reservados