Foto: Manuel Ferrol
http://www.manuelferrol.com

VOLVER VOLTAR

Número 9:   
SOBRE A IDENTIDADE COLECTIVA E MAILA PERCEPCIÓN DO OUTRO: OS GALEGOS EN “MAR DEL PLATA”
Provincia de BUENOS AIRES – REPUBLICA ARXENTINA –

 

Por Alberto José Diéguez

(Separata do libro “MIGRACIONS GALEGAS na Arxentina. Séculos XIX e XX”. Editorial Biblos. Bos Aires, 1999. -).

A última migración galega deica á Arxentina, é a que operou entre os anos 1945 e 1960. Este período migratorio diferénciase do da gran migración que se levou a cabo entre o ano 1880 ate 1930, que se detén pola crise económica da posguerra e mailo xurdimento de outros países máis atractivos para a emigración, en que acompaña o crecemento das cidades capitais de provincia e o das cidades intermedias, coma é o caso de Mar del Plata na provincia de Buenos Aires.

O proceso de industrialización e urbanización de Buenos Aires, a partir de 1940, a concentración de funcións económicas, políticas e sociais na mesma e a súa influencia na pampa húmida xunto á subsistencia dun réxime tradicional de tenencia da terra, que empecía o acceso a ela, posibilitou o proceso de asimilación desta nova migración á cidade.

Na década dos anos 60/70, a taxa de crecemento migratorio diminuíu a nivel nacional, apreciándose marcadas diferencias no territorio nacional. É a partir deste momento que o proceso de crecemento do Gran Buenos Aires, comeza a desacelerar.

A cidade de Mar del Plata, único centro urbano do Partido de General Pueyrredón, creceu de 114.729 habitantes, para o ano 1947 a 211.365, no ano 1960, cifra que representa un crecemento do 84%. Segundo o censo nacional de poboación para o ano 1991, a cantidade de habitantes do partido de General Pueyrredón, era de 533.756. Na actualidade a cidade conta con 519.707 e o partido cunha poboación de 533.756 habitantes.

O seguinte cadro, mostra a evolución que tivo o Partido de General Pueyrredón e a cidade de Mar del Plata, segundo os censos oficiais de poboación.

Censo de poboación.
Censo Ano Cidade de Mar del Plata Partido Gral. Pueyrredón
1947
114.729
123.811
1960
211.365
224.824
1970
302.282
317.444
1980
415.309
434.160
1991
519.707
533.756
Fonte: INDEC.


En todo este período, Mar del Plata, vaise convertendo nun centro de atracción do turismo de distintos estratos sociais.A construcción do Porto; a construcción da estrada 2, que foi inaugurada no ano 1934 e que, logo de atravesar catrocentos quilómetros, xungue á cidade de Mar del Plata, coa Capital Federal, e as cidades e vilas intermedias, expandiron a área urbana.

O xurdimento do turismo social e de determinadas conquistas sociais, como as vacacións pagas, o desenvolvemento dunha infraestructura hoteleira sindical, a lei de propiedade horizontal do ano 1948 e maila construcción preto da cidade, do complexo turístico de “Chapadmalal”, posibilitaron o acceso ao balneario de grupos de estratos sociais medios e baixos.

Este desenvolvemento posibilitou a aparición de novas áreas comerciais e o xurdimento dunha clase media ligada ao comercio e aos servicios terciarios.
A migración galega na Arxentina, tivo a posibilidade de acceder a un centro en expansión, relativamente achegado a Buenos Aires, pero a diferencia coa cidade de Buenos Aires, a poboación emigrante que foise radicando en Mar del Plata, é orixinaria da ribeira galega.

A gastronomía representada por restaurantes e bares, as panaderías e confeiterías, así coma a hostalería foron as actividades preferentes ocupadas por estes emigrantes. Para estas actividades cumpría un baixo nivel de persoal ocupado por establecemento, que abastecíase pola propia familia ou paisanos que, a súa vez aprendían os oficios e reproducían a actividade que tiña necesidade de moitas unidades productivas.

En menor grao o comercio de venda polo miúdo (especialmente almacéns), a construcción e os traballos pouco cualificados seguiron nas preferencias e nas posibilidades dos residentes galegos.

De xeito inverso ao que hoxe acontece, a sociedade facilitou o seu proceso de asimilación. Mar del Plata posibilitou a esta nova migración, sentirse ben no medio ambiente e os emigrantes puideron integrarse á mesma. No existiu ni exclusión nin discriminación, como tampouco barreiras que os illaran. O ideal democrático de amalgama e igualdade social, de diferentes crenzas e culturas, facíase posible nunha cidade que medraba día a día.

Non houbo, tampouco, por parte dos inmigrantes galegos, unha segregación auto imposta na residencia, que si, pódese observar entre os italianos, (os máis deles napolitanos e sicilianos), na zona do porto. Conviviron, traballaron e mesturáronse cos demais residentes e iso trouxo aparellado unha rápida asimilación.

Esta inmigración constituíu ate o ano 1952, o Centro Galego de Mar del Plata, que hoxe en día conta con uns 2000 socios, cunha poboación residente galega, dunhas 10000 persoas, segundo as cifras máis optimistas.

A nova emigración, buscou mitigar o proceso da transición, conservando os aspectos do seu xeito tradicional de vida, mantendo a súa individualidade de grupo e procurando acadar un sentimento de seguridade, formando unha institución onde botar o rizón da súa propia maneira de ser.

O Centro Galego de Mar del Plata, desenvolveu actividades culturais, sociais, deportivas, etc., e algunhas delas teñen hoxe especial relevo, coma o corpo de baile e mailo coro “Alborada”, a Escola infantil de baile e a Escola de gaiteiros, en tanto que manifestacións de galeguidade.

Estas actividades non chegan a ter un peso sobranceiro para a sociedade marplatense, nin a institución constitúe un lugar de encontro e xuntanza dos residentes galegos, agás unha minoría deles. A perda de forza e de especificidade parece ser un feito na vida deste tipo de institucións a non ser que se produzan acontecementos que permitan o rexurdimento da identidade.

O Centro Galego aínda que participa coas súas autoridades, abandeirado, corpo de baile, coro, música e os seus grupos deportivos, nos acontecementos locais, xunto a outros grupos de colectividades estranxeiras residentes, as súas actividades atópanse limitadas polas razóns do propio contexto societario, a un funcionamento restrinxido.

Esta participación, soamente fan notar a presencia e danlle aos acontecementos festivos un colorido folk, pero non modifican as representacións colectivas.

O idioma é pouco practicado. Nas reunións e máis nos circos achegados, fálase, en xeral, en castelán e a lingua galega non é xa un vehículo de comunicación.

Son os galegos de maior idade quen falan galego. O tempo de residencia reduce o emprego do idioma e son os mesmos galegos quen o desestiman, pola súa “falta de utilidade nestas terras”, ou dicindo “para que serve aquí”.

Soamente a partiren dos cursos de galego que se puxeron en marcha, como parte da política lingüística da Xunta de Galicia, revalorizouse un tanto a lingua, aínda que restrinxida a pequenos circos.

O órgano de difusión do Centro Galego de Mar del Plata, que é dirixido polos seus socios, no seu número XXX – Ano XX (1997) – sobre o total de páxinas escritas, soamente faino en lingua galega, no 11,4% delas.

A presencia galega en espacios radiais circunscríbese ao programa “Ventana de Galicia”, que se transmite por LU 6 Radio Atlántica e no cal, o emprego do idioma atópase limitado. O peso publicitario, o da música e mailo das informacións sociais destas emisións, deixan de lado a aqueles temas que poderían dar conta dunha Galicia moderna e puxante.

Diversos factores influíron neste proceso. O fillo ou neto de inmigrante, xa non se sinte atraído polos costumes, polas xuntanzas e celebracións dos seus pais ou avós. En moitos casos vendo que os seus pais son menosprezados pola sociedade maior, pola actividade que levan a cabo, polas súas crenzas ou polos seus valores, rexeita as tradicións familiares e constrúe unha nova forma de vida.

A adhesión a novos valores e costumes, a mobilidade social que se operou neles, os matrimonios mixtos entre membros doutros grupos de emigrantes, especialmente italianos, as afinidades idiomáticas e relixiosas fixeron máis doada a integración e posibilitaron o distanciamento dos seus maiores e as súas tradicións ficaron amortecidas ou sinxelamente desapareceron.


A percepción dos galegos ‘polos outros’.

Nunha sociedade como a marplatense, que mantén nas súas relacións sociais un aquel de pequeno poboado, (preponderancia das relacións persoais primarias, control social intenso, estructuras sociais e ocupacións estábeis, circos sociais relativamente estáticos), os conflictos son visibles con facilidade, tanto para os mesmos galegos que non se atopan asociados á institución, como para quen non pertencen á colectividade.

A institución aparece como un lugar no que os procesos asociativos vense escurecidos polo conflicto, as tirapuxas, os desacordos que aparecen esaxeradamente dimensionais e más exteriorizados deica o medio.

Expresión como “parecémonos aos galegos”, manifestadas nunha reunión dun circo italiano, nun momento de disputa electoral, ou “hai que estaren aí dentro para saber o que é”, expresado por un membro da colectividade, falan dunha relación interna na que os procesos de competencia, convértense facilmente en rivalidade e hostilidade e do estado público que coman eses mesmos conflictos internos.

Esta situación se reproduce en moitos dos centros da cidade de Buenos Aires, nos que existen semellantes situacións. Pero, ¿é esta unha situación exclusiva dos grupos e institucións de emigrantes galegos ou é unha situación que se pode estender ate outros grupos migratorios?

Os centro de emigrantes atópanse conducidos hoxe, na súa maior parte, por persoas que saíron da súa terra, polas condicións adversas que nela existían.

Moitos dos conflictos políticos que deran orixe a emigración, hoxe en día foron superados, pero manteñen pese ao tempo pasado, unha vixencia que no existe xa na propia terra.

Neles prodúcense adscricións e rifas políticas dado que participan nos procesos electorais do seu propio país. A enunciación de apartidarios e de non adscrición relixiosa, que decote se fai, parece máis ben un desexo, unha aspiración pouco cumprida, que se deixa de lado á hora dos actos electorais internos das institucións e na hora de emitir o sufraxio nas eleccións nacionais.

As directivas non se atopan tan ceibas de compromisos e manteñen as súas lealdades políticas e as súas aspiración no intre das eleccións, pero non poden tampouco renunciar outras cousas como os intereses persoais, económicos e os propios conflictos que xorden sen fundamentos suficientemente obxectivos ou por motivos nimios.

Esta situación parece ser un caso típico nos centros de residentes españois e italianos, nos que aínda ten peso, e máis se viven cunha maior intensidade que nos países de orixe, os episodios pasados da guerra civil ou dos sistemas políticos que imperaban no momento de emigrar.

No caso que está a ocuparnos, do Centro Galego de Mar del Plata, as situacións descritas están presentes e tamén se lle suma a propia conflictividade da cidade, que dun xeito prolixo enunciara Felipe Celesia nun recente traballo.1.

O devandito autor, referíndose aos costumes dos sectores sociais medios da cidade de Mar del Plata, di o seguinte:

‘Paradójicamente los grupos sociales más beneficiados por la Mar del Plata generosa de mediados de siglo - pescadores y comerciantes -, habitan en sectores vecinos pero sin cohabitar en lo más mínimo. Los sitios públicos son diferentes para ambos bandos y los pocos puntos de contacto son meramente físicos; la interrelación es ínfima, pese a que
los intereses de vida son muy similares. Las clases más privilegiadas, en Mar del Plata practican un hedonismo light, casi temeroso, con singular preeminencia de la vida social, el deporte como terapia, la buena cocina, y la discusión de teorías relativas al espíritu y lo religioso, enese orden’.


Que e ser galego na Arxentina e en Mar del Plata?


‘Es tener dos patrias.
‘Es ser gallego y es ser argentino’.


Esta visión constitúese nun común denominador na emigración, a temos tamén reflectida nun traballo anterior.

‘Uno en cuanto a que es de aquí y es de allí o no eres de allí y no eres de aquí entonces claro, empiezas a estar en cada lugar y siempre estas añorando un poco lo que has dejado atrás o lo que tienes por delante, que vuelve a ser una sucesión de lo que has dejado atrás, no ! Esta situación, esa inseguridad, esas ganas de estar en todos lados, me lleva otra vez a la Argentina y así he estado algunos años’

Vívense dúas realidades, as que producen conflictos de lealdade cara a unha e a outra e conductas ambivalentes. Tamén a máis afastada mantense estática, a menos que se teñan contactos periódicos con membros da familia, viaxeiros, ou coa información da televisión ou dos xornais, o que evita a distorsión na visión da terra deixada.


ESTEREOTIPOS

No mes de decembro do 1998, fíxose unha enquisa entre estudiantes universitarios da cidade2 para determinaren os estereotipos existentes acerca do galego3. A importancia desta inquedanza reside en que, cando un grupo minoritario comeza a sentiren sentimentos de inferioridade e se lle fai obxecto de distintos tipos de
prexuízos e de discriminación, refórzanse os sentimentos de culpa e de exclusión no mesmo. Vexamos o que din váreos autores verbo dos estereotipos:

‘Un estereotipo es una creencia exagerada que está asociada a una categoría. Su función es justificar (racionalizar) nuestra conducta en relación a esa categoría.’ (G. Allport, 1962).

‘No se pueden hacer objeciones a los estereotipos porque sean generalizaciones acerca de categorías, tales generalizaciones son valiosas cuando son verdaderas. Los estereotipos no son objetables porque sean generalizaciones cuya falsedad se ha demostrado, en su mayoría, no sabemos sin son verdaderos o falsos, en sus formas probabilísticas.

No se pueden hacer objeciones a los estereotipos porque sean generalizaciones adquiridas de oídas y no de experiencia directa, muchas generalizaciones adquiridas de oídas son verdaderas y útiles.

¿Qué es lo que tienen de objetable? Creo yo que es su etnocentrismo y la implicación de que rasgos importantes son innatos en grandes grupos.’
(R.Brown, 1972).

A circulación no noso medio do libro “Los más inteligentes chistes de gallegos”, dun autor que se identifica co nome de MULEIRO, (derivado de mula), publicado pola Editorial Planeta, fixo circular a moda dos chistes de galegos, estendida ate hoxe aínda que en menor grao.

Ao día de hoxe, na “rambla” da cidade de Mar del Plata, lugar emblemático no que a aristocracia arxentina ía “facer sociedade” a comezos do século e hoxe é paso obrigado dos turistas; lévanse a cabo representacións públicas a cargo de artistas de ben pouco mérito. Un deles reproduce de xeito alternado chistes que desvalorizan aos galegos e tamén aos habitantes das nosas provincias do norte, con outros de tipo sexual e/ou groseiros.

Nestes casos, pódese advertir que os galegos son obxecto de contos e chistes, que poñen o acento en desvalorizalo, presentándoo como parvo, con dificultades e lentitude de comprensión e limitacións intelectuais.

Esta orixe recente dos contos ou chistes de galegos que intentan desvalorizar e mostrar hostilidade a grupos minoritarios que posúen diferentes crenzas, costumes e valores, así como a súa persistencia no tempo, poden chegaren a ser causa de desequilibrios e de perturbacións na estructura social.

Cando a hostilidade ou a xenreira proxéctanse nunha categoría social e asócianse ideas xerais, xorden sentimentos que producen o fenómeno de estereotipar e reforzan e intensifican os prexuízos e as conductas de resentimento, como o demostra a ampla bibliografía existente sobre o tema.

Á inversa, cando existen actitudes étnico centristas que permiten crer que os valores, as crenzas ou os costumes dun grupo son mellores que as que rexen noutro grupos sociais e invalídanse as dos demais, xorden os odios e a intolerancia.

No caso dos galegos de Mar del Plata, existe un sentimento moi marcado de posuír “status cultural inferior”, o que da lugar a suplir esta suposta carencia pola vía de acadar símbolos de status, como a vivenda suntuosa ou o automóbil ultimo modelo, ou ser membro dalgunha comisión directiva dun club ou asociación da cidade, coa vantaxe por ese medio de obter honores, distincións ou status social.

Este sentimento foi reforzado e intensificado polos prexuízos do medio e por certos estereotipos social vixentes no intre actual.



ADSCRICIÓN DE TRAZOS AOS GALEGOS4.
(Respostas múltiples.)

TRAZOS CON MAIOR GRADO DE ACORDO

Rasgos físicos:

Cadro 1.1
Rasgos Positivos
Rasgos Neutros
Rasgos Negativos
 

Cellas (xuntas e mestas).
Estatura mediana a baixa.
Rexos.

 

Rasgos conductuais:

Cadro 1.2
Rasgos Positivos
Rasgos Neutros
Rasgos Negativos
   
Teimoso

Rasgos ocupacionais:

Cadro 1.3
Rasgos Positivos
Rasgos Neutros
Rasgos Negativos
 

Comerciantes (sen especificar especialidade).
Despenseiros.

 

 

 

TRAZOS CON ACORDO MEIO

Rasgos físicos:

Cadro 1.4
Rasgos Positivos
Rasgos Neutros
Rasgos Negativos
Cute branco .

Cabelo (castaño, oscuro).
Barbudos.
Moito peluxe.
Ollos grandes.
Morochos.

 

Rasgos conductuais:

Cadro 1.5
Rasgos Positivos
Rasgos Neutros
Rasgos Negativos
Ledos – divertidos.
 
Arroutados
Brutáns

Rasgos ocupacionais:

Cadro 1.6
Rasgos Positivos
Rasgos Neutros
Rasgos Negativos
 

Pesca
Agricultura
Camareiros .

 

 

RASGOS CON ACUERDO BAIXO

Rasgos físicos:

Cuadro 1.7
Rasgos Positivos
Rasgos Neutros
Rasgos Negativos
Altos e louros.

Cabezóns.
Faciana (redonda, cadrada, longa).
Cabelos louros.
Cabelos crechos.
Cabelos duros.
Fronte ancha.
Cello pregado.
Ollos (escuros, claros).
Ollos pequenos.
Orelláns .
Bigotudos.
Cute mate.
Grosos.
Fracos (miúdos).

Calvos.
Voz Rouca.
Pouco xeitosos.

Rasgos conductuais:

Cadro 1.8
Rasgos Positivos
Rasgos Neutros
Rasgos Negativos
 
Inestabilidade emocional
Berróns (vos forte)
Groseiros
Arroutados.
Agresivo.


Rasgos ocupacionais:

Cadro 1.9
Rasgos Positivos
Rasgos Neutros
Rasgos Negativos
Empresario.
Hoteleiro.

Camareiro.
Cociñeiro.
Paellero.5
Carniceiro
Panadeiro
Vendedor de verduras
Estanqueiro
Zapateiro
Tendeiro
Albanel
Ferreiro
Vendedor de bicicletas
Taxista
Traballador no porto
Traballador en estaleiro
Empregado de comercio
Empregado público
Porteiro de escola
Porteiro de edificio

 


De acordo coas fontes consultadas, un 45% dos galegos residentes na cidade, atoparíanse ocupados ao día de hoxe, na actividade gastronómica e hoteleira. A caracterización do galego como camareiro, aparece como predilecta nas respostas.

Sendo a orixe da migración na súa maior parte da ribeira galega e tendo moitos dos galegos experiencia nas distintas tarefas mariñeiras, das que se puideron rexistrar desde a construcción naval ate a pesca e os diversos servicios para os embarcados, resulta moi significativa a substitución da actividade de orixe, pola gastronómica, así coma as estratexias de adaptación ás novas actividades.

 

MAIORES VIRTUDES E DEFECTOS QUE TEÑEN OS GALEGOS
(Respostas múltiples.)

VIRTUDES :

Cadro 2.1

Maior grado de acordo :

(Non se rexistraron respostas).

Acordo meio :

1 – Emprendedores, traballadores, tenaces.
2 - Ledos.

Acordo baixo :

1 Bo corazón.
2 Boas persoas.
3 De ideas firmes.
4 Conservadores. Defensores dos seus costumes.
5 Honestos.
6 Sinceros.
7 Ambiciosos.
8 Abertos.
9 Solidarios.
10 Sinxelos.
11 Fan un bo manexo do diñeiro.

As virtudes sinaladas polos alumnos, poñen nos primeiros lugares a laboriosidade e a ledicia, mentres que nas sondaxes levados a cabo a membros da colectividade galega, exáltase o traballo e a honradez. Estes atributos aparecen ben definidos nas respostas dos galegos, para os compatriotas de máis de sesenta anos de idade. “ O galego de 60 anos non firma documentos, bástalle a palabra”.

As respostas tenden a trocar e a considerar que as cousas non son así para aqueles menores dese idade e para os fillos deles.


DEFECTOS :

Cadro 2.2

 
Maior grado de acordo :

1 Testáns.

Acordo meio :

1 Falangueiros.
2 Pechados, ríxidos.
3 Carácter rexo, irritables.


Acordo baixo :

1 Fachendosos.
2 Egoístas.
3 Soberbiosos.
4 Pouco sutís.
5 Legalistas.
6 Interpostos.
7 Insolidarios.
8 Especulativos.
9 Faltos de bo gusto na vestimenta.
10Esaxerados.

O maior defecto e altamente xeneralizado que atribúenselle aos galegos, na enquisa feita polos alumnos, e o da teimosía que terían os galegos.

De xeito contrario, os galegos din que o seu maior defecto é o apego ás tradicións dos seus maiores. “Si meus pais e os meus avós fixérono deste xeito, porque eu tería que facelo doutra maneira”. Esa é para moitos deles a lóxica do seu funcionamento.


Gráfico 1

TEN PARENTES DIRECTOS DE ORIXE GALEGA
Decembro 1998. Fonte propia.


Os alumnos que interviñeran nesta investigación, na súa maior parte non teñen parentes directos de orixe galega, (87,2%). Os que din ter parentes directos, son netos que teñen afastadas referencias dos seus avós e familiares galegos.

En ámbolos dous casos non mantiveron contacto e non participaron en actividades da colectividade galega, (98%) e moitos deles (14%) dixeron que non tiveran contacto con membros da colectividade ou non podelos distinguir de outros membros da colectividade española.

Este dato é importante no intre de avaliar as representacións enunciadas e demostrativo en canto ás experiencias directas con membros da colectividade galega.

 


Gráfico 2

INFLUENCIA DA COLECTIVIDADE GALEGA NA VIDA
POLITICA, SOCIAL E ECONÓMICA DE MAR DEL PLATA

Decembro 1998. Fonte propia.



A enquista feita atribúe á colectividade galega, un nivel elevado de influencia nas cuestións políticas, sociais e económicas, mentres que nas sondaxes feitas aos residentes galegos, este aspecto aparece bastante minimizado e ate nulo.

Pode estar condicionando á resposta, o feito de que a titularidade do xornal local e doutros medios de comunicación (radio e televisión) se atopen en mans dun notable galego, así coma outros posúen a titularidade de algunhas das grandes empresas locais.

Non obstante chama á atención que os alumnos que responderan por pouca ou nula influencia, asocien á actual conducción municipal, como ligada aos intereses da colectividade italiana na cidade, así como a grupos económicos vinculados ao porto e á actividade pesqueira, feito pouco probable.


Gráfico 3

PORCENTAXE DOS QUE CREEN QUE EXISTE RELACIÓN ENTRE A SITUACIÓN POLÍTICA-ECONÓMICA ACTUAL E O ORIXE MIGRATORIO
DA POBOACIÓN ARXENTINA
Decembro 1998. Fonte propia.


Unha alta porcentaxe dos estudiantes respondeu a esta pregunta en senso positivo, máis alá de que a mesma trataba de non asociala coa migración galega. En xeral e en especial nos sectores medios da poboación existiu a crenza de que os males económicos e políticos do noso país debíanse á orixe latina da migración europea, en particular española e italiana.

Manifestacións como “ se foran os ingleses os que nos colonizaran, as cousas ían ser distintas” , estiveron vixentes en certos círculos da nosa sociedade, reiteradamente reforzadas por intelectuais e políticos que atribúen os males do subdesenvolvemento a nosa herdanza hispánica.

No caso que está a nos ocupar, outro tanto foi atribuírlle aos hoteleiros galegos, a falta de desenvolvemento e modernización da cidade, de por si, próspera e dinámica, deixando de lado os factores estructurais que limitaban o seu crecemento. Historicamente diversos fenómenos coma as crises económicas, a inestabilidade financeira, as guerras ou os desacertos e fracasos dos gobernos, atribuíronse a grupos étnicos ou raciais.

Os negros, os xudeus, os católicos, os latinoamericanos (os sudacas), os estranxeiros, foron en tódalas partes do mundo, inculpados da existencia destas situacións. En Mar del Plata, os “porteños” (os de fora), os chilenos, e os bolivianos son os causantes das imprevisións e os desacertos locais.

Fronte a eles, levántanse os nacidos e criados (os Nic); “fundadores”, emparentados cos primeiros poboadores e se desenvolven actitudes xenofóbicas que co seu pensamento escurantista e de hostilidade cultural ao ideal democratizador.


Gráfico 4

ADSCRICIÓN DE NIVEIS CULTURAIS AOS GALEGOS DE M. DEL PLATA
Decembro 1998. Fonte propia.

A caracterización que fixeran os alumnos dunha adscrición cultural media e alta, parecera ser valedoira para a segunda e terceira xeración de galegos. O emigrante estivo a traballar sen acougo no noso medio. Expresións coma “onde hai galegos non compren cabalos” ou, “paréceche que fago pouco deporte atrás do mostrador”, demostran unha valoración da cultura do traballo e unha dedicación case exclusiva a ela. Os inmigrantes galegos co seu esforzo posibilitaron o estudio e o ascenso social dos seus fillos, moitos deles hoxe profesionais nas máis diversas actividades.

Ese galego non tivo tampo dabondo para estudiar nin para expandir o seu espírito. No mellor dos casos foi autodidacta e o seu afán estivo centrado en encaixar nunha nova sociedade e nas esixencias que deviñan de enfrontaren actividades descoñecidas para el, ás veces máis con enxeño que con medios ao seu alcance.

O esforzo que hoxe en día fan os residentes galegos, por esculcar e daren a coñecer aos egrexios galegos a á súa contribución ao país a partir das loitas e da vida política nacional, parecera indicar a necesidade da súa autoafirmación e a reivindicación como grupo, no que se trata de esquecer o negar un pasado de esforzos traballosos e alleantes, desprezados por outros segmentos da sociedade.

Nunha sociedade que pouco recompensa o esforzo, o talento a laboriosidade, que, coma no caso de Mar del Plata e no dicir dun antigo intelectual marplatense, “ pune tanto o éxito coma ao fracaso”, non chama a atención que eses valores non sexan estimados nin se atopen neles o camiño da mobilidade social. A ousadía, a falta de escrúpulos, os favoritismos políticos, a “viveza crioula” entran no xogo e substitúen aos outros valores establecidos.

Gráfico 5

ADSCRICIÓN DE NIVEL SOCIO ECONOMICO AOS GALEGOS
DE MAR DEL PLATA
Decembro 1998. Fonte propia.

Tanto a enquisa feita por alumnos, coma nas sondaxes feiras aos residentes galegos, ámbalas dúas coinciden en situárense nun nivel medio. A presencia de empresarios “fortes” no comercio, a hoteleira e máis nos medios de comunicación, foi rexistrada na enquisa, colocando as respostas nos segmentos medio e alto.


CONCLUSIÓN

Un grupo minoritario, na medida en que non exista un firme convencemento acerca do mantemento da súa identidade, dificilmente poida perpetuarse coma grupo nun medio no que, a partires das políticas oficiais, procurouse con éxito, homoxeneizar á sociedade. As súas institucións perden forza, vitalidade e os seus descendentes constrúen novas formas de vida e se fusionan na sociedade maior.

Basicamente o que importa neste proceso, é que se leve a cabo na forma menos traumática posible, dando posibilidade ao grupo emigrante de manteren e aportaren novos elementos culturais que enriquezan a vida social, nun marco de respecto ao pluralismo cultural e de cooperación recíproca.

Os prexuízos, e mailos estereotipos levan ás conductas de intolerancia, racistas ou autoritarias. Se ben é certo que en tódalas sociedades humanas existiu e existen graos de discriminación, de descualificación das diferencias, é tamén certo que moitos dos chistes que desvalorizan empregáronse coma “válvulas de escape” en momentos de tensión política, buscando “chibos expiatorios” simplificando os propios problemas.

Desmitificar estes estereotipos, buscar estratexias para enfrontalos, avogar pola vixencia dunha sociedade pluralista , deixar de lado o conformismo de languidecer culturalmente, esa é una forma de defender á galeguidade.

NOTAS:

1- Felipe Celesia. “La Ciudad Enemistada”. Ente de Cultura. Municipalidade do Partido de General Pueyrredón. Este ensaio obtivo o Premio Municipal de Literatura do ano 1996.
Voltar

2- Para este estudio empregouse una cédula de entrevista estructurada. O tamaño da mostra foi de 79 alumnos.

A idade dos entrevistados comprendeu a un 53% entre os 19 e 21 anos de idade; un 25,3% entre os 22 e 24 anos e un 21,7% con máis de 25 anos. O estudio levouse a cabo entre os alumnos de distintas carreiras que asistiron ao complexo universitario o día 11 de decembro de 1998.
Voltar

3- Fíxoselle saber aos estudiantes, que a enquisa facíase sobre o galego de Galicia. Na Arxentina a denominación de galego faise extensiva ao español.
Voltar

4- Nota metodolóxica: A adscrición dos trazos enunciados coma positivos, negativos ou neutros, foi compulsada e analizada cun grupo de estudiantes aos que se interrogou sobre o particular. Entre parénteses enúncianse as características atribuídas a cada un dos trazos.
Voltar

5- Especializado en facer paellas ou (paellero) como se lle chama en Arxentina. Aquí houbo unha identificación equivocada nas respostas. En Mar del Plata, a partires dos membros da colectividade valenciana, atópase moi difundida a paella como unha comida típica española, na resposta atribuída aos galegos.
Voltar



BIBLIOGRAFÍA:

CELESIA F. (1997). La ciudad enemistada. Ente de Cultura. Municipalidad del Partido de General Pueyrredón.
DIEGUEZ A.J. (1997) Estrategias adaptativas e identidad de migrantes gallegos, en la ciudad de Buenos Aires (Argentina). Ponencia al 5to. Congreso Internacional de Estudios Gallegos (AIEG) Universidad de Trier. Alemania.

ROCCATAGLIATA J.A. (1984) .Mar del Plata y su región. Sociedad Argentina de Estudios Geográficos. Buenos Aires.

ROCCATAGLIATA J.A. (1993). Geografía Económica Argentina. Temas. Editorial Ateneo. Buenos Aires.

Grupo de Investigación “Promoción y Desarrollo de Comunidades”
Sub-Proyecto: Comunidades de Inmigrantes - 1999

VOLVER VOLTAR  
Copyright 2007 Fundación Xeito Novo - Prohibida la reproducción parcial o total del material expuesto, sin consentimiento de la fundación. Todos los derechos reservados