PERDEREDES
Non
pode ser que nos perdamos nunha guerra inútil.
Hai guerras útiles.
O pacifismo é un dos tantos xeitos de desentenderse.
Loitar
por un, por un, por un,
"cada quén é cada é",
porque eu sou eu, único e irrepetible,
lindo, para alegrar ós outros.
Hai
tanto que facer; ¿qué fago eu?.
As
pequenas traicións de tódolos días …
Un remata sendo a sombra do que foi.
Cada
día alguén se esforza por foder.
Cada día alguén deixa que o fodan.
Sociedade
cobarde, tremendamente cobarde:
Os ideais, a patria, a ética: ¿ulos?.
Perderemos,
irremediablemente perderemos.
Agora
as grandes empresas responsables das inxusticias
Van contar cunha nova arma de destrucción masiva: os
Certificados de Responsabilidade Social.
A
subversión dos valores é maquinada.
Os
poucos con seso consentimos.
O resto, masa: cabecitas negras.
Ó cabo, no mundo manda quen tén que mandar:
O que se esforza.
Ti,
sí, ti, preguiceiro, sigue así,
Pero non se te ocorra ir despois pedir axuda:
Acabáronse os tempos da caridade cristiá.
Teño gañas de partirte a cara. ¡Imbécil!
Perderedes,
sí, vós perderedes, ¡EU NON PENSO!
Firma: un Humano Consciente dos Abusos,
ou,
se queredes,
Humberto Creus Andrade.
|